O 5 de novembro remata o prazo de inscrición para participar no taller de teatro infantil-xuvenil que organiza o Concello de Cervo.

O próximo luns, 5 de novembro, remata o prazo de inscrición para participar no Taller de Teatro Infantil-Xuvenil do Concello de Cervo Teatro Pimpín.

O obradoiro dará comezo o 9 de novembro e está dirixido a nenos e nenas con idades comprendidas entre 6 e 16 anos.

As inscricións xa foron repartidas tanto nos colexios como no instituto do Concello, e tamén están dispoñibles na Casa da Cultura de San Ciprián. As persoas  interesadas poden obter máis información no número de teléfono 982 59 51 57.