O 6 de marzo haberá teatro no Vicedo con "La Pimentera", que aborda o papel das mulleres nos pobos.

Mañá, sábado, terá lugar no Vicedo a representación da obra "La Pimentera" na que se aborda unha temática moi interesante no marco do 8m: O papel das mulleres nos pobos. 

Será ás seis da tarde na Casa da Cultura. Como sempre tomaranse todas as medidas de aforo e distancias establecidas pola Xunta de Galicia en relación coa COVID-19.