O 7 de novembro haberá un magosto polas parroquias de O Vicedo para celebrar a chegada do outono.

O Concello de O Vicedo organiza un magosto que se celebrará este sábado, 7 de novembro, e que se desprazará polas parroquias para levar as castañas e celebrar a chegada do outono.

Ás 12:00 horas comezará o percorrido en Cabanas, no Cruce da Taberna; sobre as 12:45 horas chegará á Escola de Riobarba e, ás 13:30 á Igrexa de Mosende.

Pola tarde, ás 17:00 horas visitará a Escola Unitaria de Folgueiro, ás 17:45 na Igrexa de San Román e ás 18:30 no Campo da Festa de Negradas. O magosto continuará por Beronda onde estará ás 19:15, polo Centro de Saúde ás 19:45 e Cacheiro ás 20:00 horas.
Rematará a xornada polo Porto do Vicedo na intersección entre as rúas do Porto e Cidade de Mondoñedo ás 20:30 horas; na Escola ás 21:00 e na Igrexa ás 21:15 horas.

Os horarios son orientativos e manteranse as medidas de seguridade e distancias motivadas polo covid.