O alumnado de 11 Ceips da Mariña está convocado a participar o 28 de abril nos Xogos Olímpicos desde a Casa.

Mañá martes, 28 de abril, é o Día da Educación Física. Os profesores desta disciplina de once centros da Mariña -entre os que se atopan o CEIP Península da Paz e o CEIP de Cervo- propoñen un divertido reto, no que animan ao seu alumnado a cambiar o C de Calle polo C de Casa para facer:

Os Xogos Olímpicos da Mariña desde a Casa.

Como participar:
1. Constrúe un facho similar ao que amosan os profes no vídeo
2. Fai una gravación practicando un deporte olímpico. Se podes implica á túa familia.
3. No vídeo están lanzando un desafío. Acéptao collendo o relevo da antorcha olímpica. O inicio do vídeo debe ser recollendo o facho, que ten que entrar pola vosa dereita, e debe finalizar lanzándoo pola vosa esquerda.
4. O vídeo non durará máis de 15 segundos e gravarase en horizontal.
5 Envía o vídeo ao teu profe antes do domingo 3 de maio.

Aquí podedes ver o elaborado vídeo que prepararon todos os profes no que retan ao alumnado a participar:
https://www.youtube.com/watch?v=k_FX14MSJcY&feature=youtu.be

Para máis información achégovos o teléfono de Luis Escolar, profesor de Educación Física no CEIP Península da Paz: 687 85 43 77