O Castelo organiza os festexos da noite de San Xoán en Alfoz. Haberá cea, fogueira e música.

A asociación cultural xuvenil O Castelo organiza as festas do San Xoán en Alfoz na noite do 23 de xuño.

A partir das 21:00 horas, no campo da festa de San Pedro de Mor, comezará a cea composta por sardiñas, touciño, chourizo e pan. Os prezos serán populares e de balde para os socios.

A festa estará amenizada por Discoteca Móbil Pisando Pista.

Colaboran na organización deste evento: Concello de Alfoz, Deputación de Lugo e Xunta de Galicia.