O CCA de Burela subliña que o comercio local está a traballar con normalidade e estremando as medidas de seguridade fronte ao Covid-19.

Dende a Asociación de Comerciantes de Burela subliñan que “o comercio de Burela está traballando con normalidade e estremando as medidas de seguridade para darlle ós nosos clientes o servizo de sempre, coidando da saúde de todos os veciños/as da nosa vila”. 

E engaden que “os negocios de hostalaría que pecharon neste días o fixeron como medida de prevención e seguridade, para traballadores e clientes. Pero moitos locais hostaleiros están traballando con normalidade, e cumprindo coa normativa vixente”. 

Dende o CCA burelés din: “mandamos esta aclaración porque hai circulando noticias sobre o peche do comercio de Burela e dándolle pávulo a declaracións de xente que non está vinculada co sector empresarial. Son tempos complicados para todos, pero con comunicación, responsabilidade e sentidiño, poderemos seguir medrando xuntos”.