O CCA de Foz sortea 250 euros en vales de compra e 5 tratamentos de beleza na súa campaña do Día da Nai, que terá lugar do 27 de abril ao 6 de maio.

Do 27 de abril ao 6 de maio desenvolverase a campaña do Día da Nai, que organiza o CCA de Foz e que foi presentada polo vicepresidente, José Ginzo, e pola secretaria, Olaya Pedrosa. 

Todas aquelas persoas que realicen as súas compras nos establecementos asociados a ACIA/CCA entrarán no sorteo de 5 vales por importe de 50 euros cada un e de 5 tratamentos de beleza. 

O sorteo terá lugar o 9 de maio en Radio Foz. 

Desde o Centro Comercial Aberto focense animan “a realizar as compras do Día da Nai no comercio máis próximo, no que temos a carón das nosas casas, en Foz. Os nosos locais contan con todo o que precisamos para renderlles a homenaxe as nosas nais, nesa xornada tan especial, que se celebra o vindeiro 6 de maio”. 

Renovación xunta directiva
A ACIA/CCA de Foz procedeu á renovación da súa xunta directiva, que segue a presidir José Carlos Paleo. Xunto a el continúan o equipo co que traballa desde hai 8 anos. A directiva agradece a confianza depositada para afrontar este novo mandato.