O Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, presenta un obradoiro de teatro infantil e xuvenil o 23 de setembro.

O Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, organiza un obradoiro de teatro infantil e xuvenil. A presentación da actividade e xornadas de portas abertas para as persoas que queiran probar será este sábado, 23 de setembro ás 16:30 horas nos Colexios Vellos de San Miguel.

Os organizadores anuncian: “tras o comezo do curso escolar chega o noso obradoiro de teatro infantil e xuvenil. Destinado a todas e todos os nenos e rapaces, o sábado 23 de setembro faremos unha xornada de portas abertas para que todas e todos os que sintades interese ou gañas de probar a ser actrices e actores o poidades facer sen ningún compromiso. Esperámosvos a todas e todos as 16:30 horas nos Colexios Vellos de San Miguel de Reinante”.