O Concello de Alfoz organiza as actividades Ludiverán-Xogando en Igualdade do 4 de xullo ao 26 de agosto.

O Concello de Alfoz anuncia: “un ano máis imos organizar actividades para nenas e nenos nados entre 2010 e 2019. Serán desde o 4 de xullo ata o 26 de agosto repartidas en 4 quendas das que se poden elixir unha, varias ou todas para vir de luns a venres (laborables) de 10:00 a 13:00 horas ao CEIP Castro de Ouro. É una iniciativa de balde, subvencionada polo Concello de Alfoz e pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, o Ministerio de Igualdade e a Unión Europea. Deporte, xogos, experimentos, medio ambiente, piscina,... sempre para fomentar a igualdade”.

Haberá unha reunión Informativa o 15 de xuño ás 20:00 horas no Salón de Actos de Cultura. E o prazo de inscricións é do 17 ao 24 de xuño.

As bases de participación están publicadas en www.concellodealfoz.com e no Taboleiro de Anuncios da Sede Electrónica. Para obter máis información os interesados poden dirixirse á Área de Igualdade do Concello de Alfoz a través do teléfono 982.558.001 (extensión 2).