O Concello de Barreiros conmemorará o Día Mundial da Loita contra o Cancro de Mama cunha charla o 19 de outubro.

O vindeiro martes, 19 de outubro, a Aecc Lugo (Asociación Española Contra o Cancro) e o

Concello de Barreiros organizan unha charla sobre a vulnerabilidade en pacientes con cancro de mama. 

Será de 11 a 12 da mañá no centro sociocultural de San Cosme. 

A xornada é aberta para que asista o público en xeral.