O Concello de Barreiros organiza unha excursión a San Andrés de Teixido e Cedeira o 20 de xuño. A inscrición está aberta. A viaxe é gratuíta.

O vindeiro domingo, 10 de xuño, no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, de San Cosme, o grupo Dinamoteatro representará a obra Eu queríame casare. 

Trátase dunha comedia que conta a historia de Antón e Lola, unha parella que se atopa preto dos corenta anos e que busca unha relación á que poder agarrarse.

A representación dará comezo ás 19:00 horas. Está incluída no programa Cultura no Camiño 2018 da Xunta de Galicia e colabora a Delegación de Cultura do Concello de Barreiros.

A Concello organiza ademais unha excursión a San Andrés de Teixido e Cedeira, que terá lugar o 20 de xuño.

Esta viaxe é gratuíta e as inscricións poden facerse xa no centro sociocultural  Manuel Díaz Sampedro (Biblioteca-OMIX), de luns a venres en horario de 10:00 a 14:00 horas.