O Concello de Barreiros organiza unha Festa de Nadal para os máis pequenos e pequenas. Será o 22 de decembro e contará con Papá Noel.

O Concello organiza unha Festa de Nadal que se celebrará o 22 de decembro. Os destinatarios son os máis pequenos e as máis pequenas da casa. O evento terá lugar no pavillón municipal de San Cosme de 16:00 a 19:00 horas.

Haberá inchables, obradoiros e animación musical. Os nenos e nenas que participen nesta festa recibirán a visita de Papá Noel. E rematarán a xornada disfrutando dun chocolate con churros.

O Concello de Barreiros convida a tod@s, especialmente aos máis pequenos da casa, a participar nesta Festa de Nadal do 22 de decembro.