O Concello de Barreiros organiza unha viaxe a XuvenLugo para a cativada do municipio. Será o 3 de xaneiro

O Concello de Barreiros organiza unha viaxe para o vindeiro mércores, 3 de xaneiro, a XuvenLugo dirixida a nenas e nenos de Barreiros.

A excursión inclúe a entrada e a viaxe de balde.

As persoas interesadas en anotar ás súas crianzas na viaxe, teñen para formalizar a inscrición ata o día 2 de xaneiro nas oficinas xerais do concello.

Terán prioridade o alumnado do CEIPS do municipio e a cativada instrita nas escolas deportivas de Barreiros.

XuvenLugo é un espazo de ocio infantil e xuvenil situado dentro do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. É un gran espazo cheo de atraccións, inchables, xogos, animacións e deportes para pasar unha tarde moi divertida.