O Concello de Burela acenderá as luces de Nadal o próximo 6 de decembro

O acendido oficial será ás 19:30 horas na Praza do Concello, dando así o pistoletazo de saída a máis dun mes de actividades, que se prolongarán ata o día de Reis. 

Tras este acto, acompañado da agrupación musical Dambara-Santo Inocencio, terá lugar a actuación do grupo de rock The Hot Tubes sobre o escenario da Praza da Mariña. 

A banda porá ritmo á tarde navideña burelesa a partir das 20:00, interprentando en directo os temas máis relevantes do pop rock nacional e internacional.