O Concello de Burela organiza un curso de poda e enxertos, que se desenvolverá o 22 de febreiro. A inscrición ábrese o día 4.

A Delegación de Medio Ambiente do Concello de Burela, dirixida pola concelleira Noelia María Ben, organiza un curso teórico práctico de iniciación á poda e ao enxerto, que se desenvolverá o día 22 deste mes, venres.

A edil explica que “hai 30 prazas, terán preferencia @s veciñ@s de Burela empadroados no noso concello e é gratuíto. A inscrición comeza o vindeiro luns, 4 de febreiro, e pode facerse na Oficina de Medio Ambiente, sita na Praza de Abastos, ou ben por teléfono, no 647.13.66.73. Terá unha duración de oito horas lectivas, de 9:30 a 13:30 e de 15:30 a 19:30, no que dun xeito ameno os participantes aprenderán as técnicas e épocas de poda máis adecuadas para cada tipo de froiteira ou especies ornamentais. E repasaranse os distintos tipos de enxertos. Constará de clases teóricas no salón de conferencias municipal e de clases prácticas de podas de froiteiras e ornamentais nos hortos ou xardíns d@s alumn@s”.

O curso será impartido pola enxeñeira técnica agrícola Luisa María Granja Domínguez.