O Concello de Cervo anima á veciñanza a participar nas clases de bailes de salón que promove a asociación Arama.

O Concello de Cervo anima a toda a veciñanza a anotarse ás clases de baile de salón que promoven a organización Arama e a Escola de Baile Hover Cross.

A actividade foi presentada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés e polo presidente da asociación Arama (Asociación de Rehabilitación de Alcohólicos de A Mariña), Manuel Casas.

As persoas interesadas poder inscribirse ou recibir información a través dos teléfonos 648.033.250 ou 620.817.300.

O vindeiro xoves, 13 de setembro, está prevista unha reunión ás 21:00 horas, na Casa da Cultura, para concretar horarios, a data de comezo das clases e a organización dos grupos.

As sesións, unha á semana, serán impartidas por profesores titulados en vals, pasodobre, tango, foxtrot, merengue, cumbia, bachata, salsa e chachachá; e o prezo mensual está fixado en 20 euros por persoa.