O Concello de Cervo conmemorará o Día da Muller o 7 de marzo. Haberá cea con agasallos sorpresa e baile.

A Casa do Mar de San Ciprián acolleu a presentación do programa do Día Internacional da Muller que organizan o Concello de Cervo, a través da delegación de Muller e igualdade, que dirixe Pilar Armada, e as diferentes asociacións de mulleres do municipio: Asociación de Mulleres de San Ciprián, Amas de Casa “Alborada”, Mulleres Rurais “As Espalladoras” e Mulleres en Igualdade.

Os actos están programados para o sábado 7 de marzo. 

Haberá unha cea para todas as mulleres do Concello que desexen asistir. Será no restaurante Buenavista, ás 22:00 horas. As interesadas teñen ata o 6 de marzo para retirar os seus tickets na Casa da Cultura de San Ciprián (982.59.51.57).

Haberá agasallos sorpresa para todas elas. Ademais, farase entrega dos trofeos ás gañadoras dos campionatos de tute e parchís que se está xogar durante este mes; e haberá un recoñecemento especial para a muller de máis idade, asistente á cea. 

A xornada rematará con baile na Casa do Mar, a cargo do Dúo Zafiro.

O Concello de Cervo anima a todas as mulleres do municipio a que se sumen aos diferentes actos programados nesta xornada.