O Concello de Cervo convoca un Concurso de Debuxo Infantil e Xuvenil para celebrar o Día do Libro. Os traballos poden presentarse ata o 12 de abril.

O Concello de Cervo convoca un concurso de debuxo infantil e xuvenil con motivo da celebración do Día do Libro.

O certame leva por título Debuxo do teu conto favorito e establece tres categorías: Infantil, para idades de 1 a 5-6 anos; Primaria, de 6 a 11-12 anos; e Xuvenil, de 12 a 17 anos.

Os participantes poderán enviar os seus traballos ao correo electrónico cervocultura@gmail.com ou ben ao whatsapp 691 656 600.

O prazo de presentación de obras remata o 12 de abril.