O Concello de Cervo organiza "As letras riquiñas" para conmemorar o 17 de maio o Día das Letras Galegas.

O Concello de Cervo, a través da delegación de Cultura que dirixe Dolores García Caramés, propón a través das redes sociais o concurso "As letras riquiñas" para conmemorar o 17 de maio, Día das Letras Galegas.

Cada persoa participante terá que elixir unha verba en galego e plasmala en calquera superficie dun xeito orixinal e especial, sacarlle unha foto á palabra e enviala ao correo cervocultura@gmail.com; entre hoxe e mañá

O domingo, 17 de maio, anunciarase a través das redes a obra gañadora e compartiremos un collage con todas as fotografías participantes.

Desde esta semana o programa #cervoquedanacasa pasa a ser unha proposta semanal que se anunciará cada luns e os/as gañadores/as daranse a coñecer os domingos.