O Concello de Cervo organiza unha xornada de bautismo de mergullo na piscina olímpica de San Ciprián. Será o 18 de marzo.

O Concello de Cervo, a través da delegación de Deportes e en colaboración coa Escola de Mergullo Centro de Actividades Subacuáticas Costa Lugo, organiza unha xornada de bautismo de mergullo na Piscina Olímpica de San Cibrao. 

A actividade terá lugar este sábado, 18 de marzo, en horario de mañá en tres quendas: 10.30h-11.30h, 11.30h-12.30h e 12.30h-13.30h.

A día de hoxe son unha vintena as persoas inscritas, e o prazo para anotarse pecha mañá, ás 12 do mediodía.

A inscrición está aberta a tódalas persoas maiores de 16 anos, que non teñan ningunha contraindicación médica.

Hai un máximo de 30 prazas. Os interesados poden anotarse na propia piscina de San Ciprián, chamando ao teléfono 609.42.32.10 ou enviando un correo electrónico a info@buceocostalugo.es.