O Concello de Cervo pide colaboración para elaborar beléns de plastilina o 7 de decembro

O Concello de Cervo solicita colaboración da veciñanza do municipio para a elaboración dos beléns de plastilina que estarán expostos na Casa da Cultura de San Ciprián e na Casa do Concello, en Cervo, durante o Nadal.

A cita será o día 7 de decembro, xoves, na Casa da Cultura de San Ciprián ás 12:00 horas e na Casa do Concello, en Cervo, ás 18:00 horas.

“Contamos coa túa imaxinación e creatividade! Anímate a participar”, di a organización desta actividade.