O Concello de Foz cede fotos antigas para o futuro Museo do Mar local.

O Concello de Foz, dende a Delegación de Turismo, prosigue a colaboración estreita co presidente da Asociación A Rula, Salustiano Niñe, desta banda coa cesión de material fotográfico, que estaba arquivado no Cenima, para a súa incorporación ao proxecto do Museo do Mar de Foz.

O concelleiro de Turismo, José María Linares, salienta “a importancia da historia e as raíces tamén na dinamización turística e neste campo o traballo desta asociación e de tremenda importancia”.