O Concello de Mondoñedo, en colaboración coas asociacións do municipio, organiza o 4 de marzo, Sábado de Piñata, o Concurso e Desfile de Disfraces.

O Sábado de Piñata haberá pasarrúas a partir das 12:00 horas, da comparsa invitada deste ano, Os Fandangueiros.

O desfile dará comezo ás 17:30 horas no Campo dos Paxariños e percorrerá a avenida San Lucas, Obispo Sarmiento, Andrés Baamonde, Progreso, Alfonso VII, Lodeiro Piñeiroa, Fray Antonio de Guevara, Andrés Baamonde, Progreso e Praza da Catedral. A organización sinala como lugares preferentes para ver o desfile a Alameda dos Remedios, avenida San Lucas, O Cristo, Praza do Concello, Estatura Álvaro Cunqueiro e Praza da Catedral.

Os premios na categoría Adulto son: 425 euros para o primeiro das comparsas, 280€ o segundo, 180€ o terceiro, 150€ o cuarto e 100€ o quinto. O primeiro das charangas recibirá 300 euros e 200€ o segundo. Nos grupos de percusión e batucadas hai 200 euros para o primeiro e 100€ para o segundo. Nos grupos grandes, con máis de 10 integrantes, o primeiro premio é de 380 euros, 250€ para o segundo e 130€ para o terceiro. Nos grupos pequenos, de 3 a 10 membros, o primeiro premio ten 200 euros, 130€ o segundo e 100€ o terceiro. En parellas os premios son: 175 euros para o primeiro, 125€ o segundo e 75€ o terceiro. En individuais outorgaranse  125 euros ao primeiro, 100€ ao segundo e 75€ ao terceiro. Na categoría Infantil, ata 12 anos, os premios para os grupos son: 175 euros ao primeiro, 125€ ao segundo e 100€ ao terceiro. En parellas hai 75 euros para o primeiro, 50€ para o segundo e 40€ para o terceiro. En individual os premios son: 65 euros ao primeiro, 40€ ao segundo e 30€ ao terceiro.

A entrega de premios terá lugar ás 22:00 horas na Praza do Concello, e ás 19:30 horas haberá baile alí mesmo coa orquestra Salsarena.