O Concello de Muras organiza un concurso de disfraces de Entroido artesanais e caseiros.

No concurso de disfraces de Entroido organizado polo Concello de Muras poderán participar veciñas e veciños empadroados no municipio en todas as categorías descritas nas bases. Para participar na categoría grupal ou de unidade de convivencia polo menos unha das persoas participantes ten que estar empadroada no Concello de Muras.

Hai unha categoría especial, denominada Muras Starlight, que é aberta, de tal xeito que poden participar tanto empadroados no concello de Muras como a xente de fora do municipio.

Só se admitirá un disfrace por persoa na categoría individual, pero si é posible que unha mesma persoa participe na categoría individual e na grupal ou de unidade de convivencia.

Para participar será necesario inscribirse e mandar a súa proposta mediante unha ou dúas fotografías do disfrace, por se fose necesario para a correcta apreciación do mesmo, a través do correo electrónico da nosa educadora familiar: cristina.martinez@muras.gal .

Un xurado composto por 2 traballadores do concello veciño de Xermade e a Educadora Social do Concello de Muras, avaliará cada categoría. Os disfraces serán artesanais e/ou caseiros. Quedando fóra do concurso os traxes mercados. Valorarase unicamente a orixinalidade e creatividade do disfrace, non sendo relevante a calidade da fotografía (importante só para a correcta visualización dos detalles por parte do xurado).

O prazo máximo de presentación de propostas será ata o 21 de febreiro de 2021.