O Concello de O Valadouro convoca un concurso de postais de Nadal. O prazo de presentación de traballos remata o 1 de decembro.

A Delegación de Cultura do Concello de O Valadouro organiza o certame de postais Un Nadal para todos.

Poden participar todos os nenos e nenas, e mozos e mozas de entre 3 e 16 anos que residan no concello. O prazo de presentación remata o día 1 de decembro, ás 14:00 horas, e os traballos deberán presentarse nas oficinas da Casa da Cultura (previa cita), no email concurso@valadouro.org , na sede electrónica do Concello de O Valadouro, no CEIP Santa María do Valadouro ou no IES Alfoz-Valadouro.

A temática será o Nadal e a técnica libre, nun tamaño A5.

Haberá tres categorías: Infantil A (de 3 a 6 anos), Infantil B (de 7 a 10 anos) e Xuvenil (de 11 a 16 anos).

O primeiro premio consistirá na reprodución da postal como felicitación oficial do Concello de O Valadouro para o Nadal 2020, elixida entre as diferentes categorías. Ademais haberá un lote de libros para o primeiro e segundo premios de Infantil A, un libro e 50€ e 25 euros para o primeiro e segundo premios de Infantil B, e un libro e 75€ e 40 euros para o primeiro e segundo premios da categoría Xuvenil.