O Concello de O Valadouro ofrece escolas deportivas de fútbol e patinaxe. Comezarán o 1 de outubro.

Para a tempada 2021-2022 o Concello de O Valadouro ofrece escolas deportivas municipais de fútbol e patinaxe.

O Concello anuncia que está aberto o prazo de inscrición nas distintas categorías de fútbol para nenos que cursen desde 4º de infantil ata 4º de ESO para o curso escolar 2021/2022. Poden consultarse as bases na páxina web do Concello do Valadouro, na sede electrónica e nas oficinas da Casa da Cultura. O prazo de inscrición remata o 24 de setembro e as actividades comezarán o 1 de outubro.

E para a de patinaxe está aberto o prazo de inscrición para nenos que cursen desde 4º de infantil ata 6º primaria para o curso escolar 2021/2022. Poden consultarse as bases na páxina web do Concello do Valadouro, na sede electrónica e nas oficinas da Casa da Cultura.

O prazo de inscrición remata o 1 de outubro e as actividades empezarán o 6 de outubro.