O Concello de O Valadouro organiza unha xornada de actividades culturais o Día das Letras Galegas, o 17 de maio.

O Concello de O Valadouro organiza diversas actividades o 17 de maio, Día das Letras Galegas, que terán lugar na Casa da Cultura.

O programa dará comezo ás 20:00 horas coa intervención de Lionel Rexes que falará de Antonio Fraguas, escritor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. Despois haberá Raposadas con Antonio, Contos e lendas de Raquel Queizás.

Proxectaranse as curtas sobre a lingua galega: O galego é a fórmula do IES Isaac Díaz Pardo de Sada e En galego en Foz do IES de Foz. Tamén haberá cantigas con A.C. Amado Lar.

Colaboran na organización destas actividades: Deputación de Lugo, AC Amado Lar, IES de Foz e IES Isaac Díaz Pardo de Sada.