O Concello de O Vicedo proxecta ata o 15 de agosto rutas de sendeirismo e kaiaks e celebra a entrega de premios do concurso de fotografía.

O Concello de O Vicedo organiza este mércores, 12 de agosto, unha ruta mixta de sendeirismo e kayaks. A ruta de sendeirismo comeza en Ponte Ulló para rematar en Ribeiras do Sor onde sae a ruta en kayak ata o Porto do Vicedo.

O xoves 13 ás 21:00 horas  terá lugar a entrega de premios do Concurso de Fotografía Turismo O Vicedo. Celebrarase ademais un coloquio cos propios fotógrafos en torno ás imaxes presentadas.

O sábado 15 ás 10:00 horas, haberá unha ruta en kayaks con subida do río Sor. A saída será do porto do Vicedo e o final no entorno de Ribeiras do Sor. O prezo por persoa é 17 euros e a inscrición é obrigatoria para as actividades de natureza o teléfono 982 59 01 95.

Por mor das medidas sanitarias de prevención fronte ao Covid-19, haberá limitación de aforo a 20 persoas para as rutas e 60 persoas para a proxección fotográfica.