O Concello de Ribadeo inicia o proxecto Argadelo, dentro do ciclo Cultura nas Parroquias. Será o 18 de abril na escola das Anzas.

O Concello de Ribadeo comeza o proxecto Argadelo. As voltas da música ao teatro, incluído no ciclo Cultura nas Parroquias.

Este obradoiro, dirixido a todas as idades, desenvolverá a súa primeira sesión o 18 de abril na Escola das Anzas. A actividade continuará todos os luns en horario de 19:30 a 21:00 horas.

Este proxecto, con vocación comunitaria e arredor do teatro e da música, será impartido polo músico, actor e compositor, veciño de Foz, Mano Panforreteiro.