O Concello de Riotorto organiza unha comida de Nadal para o 20 de decembro

O Concello de Riotorto organiza unha comida de Nadal para o día 20 de decembro, mércores, ás 14:30 horas.

O comida será servida por Mesón O Sarredo e o menú inclúe empanadillas, callos, costela con patacas fritas, sobremesa e café. E actuará o dúo Estrellas. O prezo é de 25 euros por persoa.

Para participar hai que apuntarse nos Centros Veciñais ou no Concello antes do 17 de decembro.