O Concello de Trabada organiza un curso de autodefensa para mulleres ante situacións violentas o 8 de marzo.

O Concello de Trabada organiza o próximo día 8 de marzo, co gallo do Día Internacional da Muller, un curso de Autodefensa para Mulleres ante Situacións Violentas.

A Escola de Vilapercide acolle esta actividade, que se desenvolverá en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.

A inscrición pódese formalizar xa nas oficinas do Concello de Trabada ou a través do teléfono 982.135.011. 

O obxectivo deste curso de defensa persoal feminina é “procurar que as mulleres do concello de Trabada aprendan técnicas de autoprotección e protocolos básicos para mellorar a seguridade”.