O Concello de Viveiro convoca aos nenos e nenas de 6 a 12 anos, que estean interesados en participar na Cabalgata de Reis.

A Delegación de Cultura do Concello de Viveiro convoca aos veciños e veciñas co fin de regular a súa participación como figurantes na Cabalgata de Reis.

Para asistir como figurantes que irán sentados nas carrozas, poden inscribirse todos os nenos e nenas que, na data 1 de xaneiro de 2020, teñan unha idade comprendida entre os 6 e os 12 anos. O total de prazas para ir nas carrozas é de 40 nenos e nenas. A inscrición será os días 26, 27 e 30 de decembro, de 9:00 a 14:00 horas, no Teatro Pastor Díaz. A asignación das 40 prazas farase por estrita orde de recepción das solicitudes.

Unha vez cubertas as prazas dispoñibles, crearase unha listaxe de agarda para cubrir as baixas ou as novas necesidades. As persoas admitidas que non puidesen participar na Cabalgata deberán comunicalo ao Concello antes do 4 de xaneiro.

Os participantes comprométense a presentarse o 5 de xaneiro, no lugar e hora marcados como punto de encontro, vestidos unicamente con leggins negros, calzado escuro e camiseta térmica ou xersei de manga larga tamén negro. O vestiario será facilitado polo Concello como préstamo gratuíto.