O Concello de Viveiro presentou o programa cultural do Teatro Pastor Díaz, que dará comezo o 16 de febreiro

O Concello de Viveiro presenta a programación cultural do Teatro Pastor Díaz ata o mes de maio, con espectáculos con opcións para público adulto, adolescente e infantil.

“Un ano máis, a nosa prioridade como goberno local é propoñer á cidadanía unha oferta cultural de calidade para todas as idades”, subliña María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.

“Unha boa escolla e de alto nivel, a prezos moi razoables e apostando pola cultura feita no noso país nun espazo único como o Teatro Pastor Díaz”, subliña Lara Fernández Fernández-Noriega, concelleira de Cultura.

A primeira función deste programa será o sábado 16 de febreiro con ‘Asamblea Xeral’, de Sarabela Teatro para publico infantil de 7 a 11 anos, mentres que o 24 de febreiro chegará a Viveiro ‘Unha inimiga do pobo’, de Talía Teatro e para adultos.

As entradas poden adquirirse de luns a xoves no teléfono 982560162 en horario de 9:00 a 14:00 ou no enderezo electrónico rbg.cultura@viveiro.es. Tamén será posible adquirir as entradas unha hora antes das funcións no propio teatro.