O Concello de Xove acaba de repartir entre a veciñanza o calendario de 2023.

O Calendario inclúe este ano fotos do fotógrafo xovense Emilio Pérez. Desde o Concello explican que “para completalo recorremos ao libro A fonte da vida longa, editado a finais dos anos oitenta e no cal os alumnos do Colexio Público de Xove recolleron unha serie de lendas populares baixo a coordinación de Marica Campo e Xosé González “Chema”,  coas acuarelas de Xoan Guerreiro”.