O Concello de Xove organiza unha nova edición do Taller de Memoria. Será en xullo e de forma non presencial. A inscrición está aberta.

O Concello de Xove pon en marcha durante o mes de xullo o Taller de Memoria.

O obxectivo da Concellería de Servizos Sociais, que dirixe Ana Abad, é continuar deste xeito realizando actividades dirixidas a manter un envellecemento activo das persoas maiores do municipio.

Este ano, debido ás medidas de seguridade decretadas pola alerta sanitaria do Covid-19, a actividade non será presencial. Os participantes teñen que ser maiores de 60 anos e as persoas interesadas deben contactar telefonicamente coa educadora familiar Angélica Casabella, responsable do servizo. Unha vez anotadas deberán recoller, no Concello, o material de memoria cada quince días.