O Concello do Cervo convida a asistir do 21 ao 25 de agosto á semana cultural de Airiños do Xunco.

O Concello de Cervo convida a asistir do 21 ao 25 de agosto ás actividades programadas na semana cultural de Airiños do Xunco. Todas elas desenvolveranse na Praza do Souto.

Para comezar o luns 21 de agosto arrinca cun espectáculo circense da man de Lila Star ás 20 horas. Seguidamente, o martes 22 tamén ás oito da tarde o grupo Pakolas ofrecerá un concerto para toda a familia.

O mércores, 23 de agosto, terá lugar unha actividade máis física xa que poderá desfrutarse de inchables dende ás 18 horas. E o xoves 24, celebrarase a festa da auga ás 18 horas.

Para pechar, o venres 25 ás 18 horas ofrecen un concurso co nome “Master Chef Cervo”, ao máis puro estilo do clásico concurso televisivo gastronómico.

Desde o Concello insisten en que non falte ninguén nesta tradicional cita de verán do Cervo.