O Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos acollerá o 15 de febreiro un "Mercado con Amore" cunha treintena de postos de variada oferta.

O sábado, 15 de febreiro, a sala de exposicións do Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos, acollerá un "Mercado con Amore", organizado por Serea Surfboards, Enigma, Pasiños na Lúa e Marmeladas A Morena -establecementos todos eles implantados nos locais do Centro de Emprendemento acondicionado polo Concello de Cervo-.

Vanse instalar unha trintena de postos de artesanía, do sector alimentario, de confección, do sector téxtil..., que se poderán visitar en horario de 10:00 a 20:00 horas. Ademais haberá sorteos e diferentes talleres.