O Día do Xubilado en Cervo celebrarase o 1 de maio. A inscrición para asistir está aberta ata o 26 de abril.

O Concello de Cervo celebrará a XXXVI edición do Día do Xubilado o 1 de maio.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, informou de que xa está aberto o prazo de inscrición para participar neste encontro e a veciñanza ten ata o 26 de abril para anotarse na Casa do Concello, en Cervo, ou na Casa da Cultura, en San Ciprián; achegando unha fotocopia do DNI da persoa solicitante e do cónxuxe (se procede) e unha fotocopia da Cartilla de Pensionista.

Ese mesmo día entregaranse os trofeos do campionato de tute e parchís que se está a xogar estes días na Casa do Mar de San Ciprián, no que participan unha vintena de parellas (12 xogan ao tute e 11 ao parchís).