O espectáculo "Achégate ao sexto sentido" do mago Manuel Lamas estará en Barreiros o 22 de abril.

A Concellería de Cultura programa para este domingo, 22 de abril, o espectáculo titulado "Achégate ao sexto sentido" co mago Manuel Lamas.

Esta actuación, incluída no programa Cultura no Camiño 2018 da Xunta de Galicia, terá lugar no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro de San Cosme de Barreiros ás 18:00 horas.

Trátase dunha montaxe novidosa onde as novas tecnoloxías se mesturan con fermosas historias contadas con dobre sentido para que o público disfrute con emoción e ilusión.