O espectáculo infantil "Picariño" chegará o 26 de decembro a Barrreiros. Trátase dun concerto didáctico destinado a un público infantil e familiar.

O espectáculo infantil Picariño estará en Barreiros o vindeiro martes, 26 de decembro. Trátase dunha actividade de dinamización lingüística, que organiza a Rede de Dinamización Lingüística, da Xunta, coa colaboración do Concello barreirense. 

Esta representación terá lugar ás 12:00 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro en San Cosme de Barreiros.

Trátase dun concerto didáctico, destinado a un público infantil e familiar, que é un proxecto musical que une tres figuras representativas da historia da nosa música e das nosas letras.

En Picariño interveñen Pura e Dora Vázquez con Senén Vaamonde, Alfredo e Manuel (A Roda).