O grupo teatral Os Pícaros de Lagoa, de Alfoz, representa “O menciñeiro á forza” este venres, 8 de decembro, na Órrea (Riotorto)

O grupo teatral Os Pícaros de Lagoa, de Alfoz, representará a obra “O menciñeiro á forza” este venres, 8 de decembro, ás 20:00 horas na Escola da Órrea, no municipio de Riotorto. A entrada é de balde.

É unha actividade organizada pola Asociación de Veciños e Veciñas de Santa Comba da Órrea, co financiamento da Vicepresidencia da Deputación de Lugo (Área de Cultura).