O grupo Trípode estrea "O Muro" o 19 de outubro en Riotorto e o 23 de novembro en Alaxe, no Valadouro.

O grupo Trípode estrea O Muro este sábado, 19 de outubro, en Riotorto. Será ás dez da noite no centro sociocultural. 

A obra fala dos muros que pechan fronteiras e camiños, que impiden a liberdade e a felicidade, en ton de comedia para atraer a atención da xente e conseguir a súa reflexión sobre a xustiza, as desigualdades, a fame, a pobreza, o egoísmo e o cinismo dos países ricos.

Os intérpretes son: Antonio Jesús Lorenzo “Cachín”, Alberto Níñez, Pepe Peinó (os tres componentes habituais de Trípode), Salomé Vázquez, Santiago Quirós, Matías Nicieza, Marga Fernández, Pilar Díaz, Mónica Díaz, Leni Níñez, Sergio Rego, Moncho e Rocío Sixto.

O Muro estrearase en Alaxe, no Valadouro, o 23 de novembro.