O grupo Tundal actuará na Casa da Cultura de Alfoz o 12 de maio.

Concerto do Grupo Tundal este venres, 12 de maio, ás 20:30 horas no salón de actos da Casa da Cultura. 

Desde o Concello explican que “celebramos as Letras Galegas coa música tradicional do Grupo Tundal. Este nome sonoro serve para denominar un grupo de músicos que baixo o tundal do idioma e da música tradicional, alí onde sexa chamado fará música de rúa, tanto instrumental como cantada e que levará sempre no seu repertorio cantares de cego, romances, cantigas e pezas para seren bailadas”.