O grupo Vapor da Arte ofrecerá un concerto no Casino de Mondoñedo o 16 de setembro a partir das oito da tarde.

O Casino de Mondoñedo acolle este sábado, 16 de setembro, un concerto a cargo de Vapor da arte.

Este grupo, creado no Conservatorio Profesional de Música de Viveiro hai pouco máis de catro anos, ofrecerá un repertorio composto de grandes éxitos das décadas dos 70 e os 80 co que percorrerá diversos estilos que van dende o jazz ata o rock pasando pola bossa nova, o funk, o bolero e o pop.

O concerto dará comezo ás 20:00 horas e o prezo da entrada para os non soci@s é 3 de euros.