O Observatorio da Mariña pola Igualdade organiza o 9 de outubro en Burela "Ella Poema". Para participar é preciso incribirse.

Trátase dunha creación de arte contemporánea realizada por Aida Colmenero Díaz xunto con artistas de diferentes países africanos. Ella Poema é un proxecto multidisciplinar ideado para homenaxear ás mulleres a través da danza e a literatura.

O resultado son varias curtametraxes de danza contemporánea, "videopoemas bailados " cuxas protagonistas son mulleres artistas de Cabo Verde, Senegal, Tanzania e outros paises do continente africano. Un proxecto que fala da identidade destas mulleres contemporáneas e dunha defensa dos dereitos humanos das mulleres. Tamén é un proxecto de igualdade de oportunidades no mundo da danza nestes países, ata agora dominado por homes.

Este proxecto persegue a profesionalización e formación das mulleres artistas, situándoas no papel de creadoras, unha visualización destas mulleres, dentro e fóra das súas fronteiras, ofrecendo e construíndo imaxes positivas: mulleres independentes e creativas. En definitiva un un retrato das novas referentes na danza no continente.

Logo de presentarse por diversos paises, Ella Poema chega a Burela da man do Observatorio da Mariña pola Igualdade:

A actividade desenvolverase en horario de mañá e tarde comezando ás 10:00h. Durante a mañá terá lugar un obradoiro sobre a temática do corpo, movemento e territorio e pola tarde a proxección de varias curtametraxes realizadas en diversos países africanos.

Día: Sábado 9 outubro

Lugar: Hotel Nordés (Burela)

Hora:10:00 a 14:00 Taller de movemento 16:30 a 17:30 Proxección de curtas de mulleres creadoras africanas

A Xornada ten unha cota de inscrición de 10 € É necesario inscribirse a través do formulario que se atopa no código QR incluído no cartel Prazas limitadas

Cumpriranse todas as medidas vixentes antiCovid