O Observatorio da Mariña pola Igualdade organiza un Taller de Empoderamento Erótico para Mulleres. Será o 19 de outubro en Burela.

O taller terá lugar no centro de Ioga “Piluca”en Burela (Rúa Arcadio Pardiñas, 165) ás 17:30 horas deste venres, 19 de outubro. 

Dentro da programación de Activismos fronte ao patriacado, o Observatorio da Mariña pola igualdade organiza un Taller de Empoderamento Erótico- impartido por Mai Insua e Mari Fidalgo- no que poden participar mulleres de calquera vivencia e orientación sexual. Unha actividade novidosa na comarca da que moitas mulleres xa puideron gozar noutras cidades e vilas galegas.

Empoderase no erótico consiste en tomar consciencia daquelas influencias que nos frean e nos presionan á hora de exercer a nosa liberdade sexual. E o que se pretende neste taller, a través dunha experiencia vivencial de autocoñecemento é xerar un espazo de aprendizaxe onde potenciar os nosos sentidos, mellorar a nosa saúde sexual e goce erótico, dentro dun marco feminista e guiadas da man de dúas grandes profesionais da psicoloxía e terapia sexual. 

A matrícula será de 5€ para socias e 10€ para o resto. As interesadas poden reservar a súa praza enviando un correo electrónico a observatorioigualdade@gmail.com.