O pavillón municipal de Alfoz será escenario dunha festa de Entroido o 20 de febreiro, que organiza a Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo.

A Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo organiza unha festa de Entroido no pavillón municipal de Alfoz para o vindeiro luns, 20 de febreiro.

Ás 21:00 horas empezará o desfile, con premios para os mellores participantes e para o que haberá que inscribirse desde ás 19:30 horas. E ao rematar terá lugar a festa amenizada pola orquestra Compostela.

Os organizadores anuncian: “o luns 20 de febreiro tedes todos unha cita no pavillón de Alfoz para a celebración do Entroido. Ao remate do desfile, festa amenizada pola Orquesta Compostela. Teremos servizo de bebidas e de bocadillos. Agardamos por todos vós”.

Para a organización deste evento a Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo conta coa colaboración do Concello de Alfoz, a Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia.