O pavillón municipal de Xove acolle un torneo de patinaxe artística o 16 de abril.

A Asociación Cultural Deportiva Xove organiza un torneo de patinaxe artística que terá lugar no pavillón municipal de Xove este domingo, día 16 de abril, a partir das doce do mediodía.

É o primeiro Encontro Precompetición Grupos Grandes, Pequenos e Cuartetos.
Ademais da entidade organizadora, participarán clubs de Lourenzá, Chantada e Ourense.

Este acontecemento deportivo conta coa colaboración do Concello de Xove.