O Pescados Rubén Burela FS organiza unha viaxe para asistir o 1 de maio á gran final da XXVI Copa Galicia en Pontevedra.

Todos os afeccionados/as que queiran asistir á gran final da XXVI Copa Galicia, o luns 1 de maio en Pontevedra poderán facelo a través da viaxe organizada polo Pescados Rubén Burela FS. 

O equipo masculino loitará polo título irmandiño fronte ao Santiago Futsal ás 18.45 horas. O pavillón municipal dos Deportes de Pontevedra acollerá a final feminina, entre Poio Pescamar FSF e Ourense Envialia FSF, ás 17.00 horas.  O club poñerá a disposición dos todos os interesados/as o desprazamento en autobús e entradas para os dous partidos, de forma totalmente gratuíta para os socios e por 15€ para non socios; a viaxe realizarase cun mínimo de 50 afeccionados/as. 

As persoas que así o desexen deberán apuntarse na oficina do club (avda. Arcadio Pardiñas 91, baixo). 

Horarios: 
Saída: Luns 1 de maio, Vista Alegre (cafetería), ás 14.00 horas
Destino: Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra 
Partido: Poio Pescamar FSF-Envialia Ourense FSF (17.00 horas)
Partido: Pescados Rubén Burela FS-Santiago Futsal (18.45 horas)
Regreso: Tras a entrega de trofeos

Data límite para apuntarse: Venres 28, 14.00 horas