O prazo de inscrición para participar no XVII Mercado de Primavera do Valadouro remata o 15 de marzo.

Desde a Concellería de Cultura infórmase de que o prazo de inscrición de postos para participar no Mercado de Primavera remata o próximo 15 de marzo. 

As bases que rexen a participación no devandito mercado están a disposición de todos/as interesados/as na web do Concello do Valadouro e na sede electrónica. 

Para calquera dúbida poden chamar ao teléfono 982 57 15 16 en horario de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00.